Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

[Artigo de José Antonio Caride e Antón Costa Rico que abre o nº 27 da revista Sarmiento]

 

Profesora Dra. María Lucía Iglesias da Cunha

(Sao Paulo,1965 - Santiago de Compostela, 2023)

O 27 de novembro de 2023, ultimando a edición do número 27 de Sarmiento. Revista galego- portuguesa de Historia da Educación, tendo como tema monográfico as “historias da Educación Social no espazo iberoamericano”, coñecíamos o pasamento da profesora Lucía Iglesias da Cunha. A súa esperanzada e, ao tempo, persistente loita contra o cancro non conseguiu superar as adversidades da enfermidade, deixándonos orfos da súa pre- senza amable e amigable entre nós.

De 27 a 29 de maio de 2024, terá lugar na Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da Universidade do Porto (Portugal) o V CILME 2024.

Este Congreso, que decorre da Rede de Investigaçión em Lideranza e Melloría da Educaçión (RILME), en 2024 é organizado pola Comunidade Práctica de Investigación Currículo, Avaliación, Formación e Tecnologías digitais em Educación (CAFTe), do Centro de Investigación e Intervención Educativas (CIIE) da Universidade do Porto, e conta coa colaboración da Asociación Nacional de Directores de Agrupamentos e Escolas Públicas (ANDAEP) e da Asociación Nacional de Dirixentes Escolares (ANDE).

O número 27 de Sarmiento (coordenado por José Antonio Caride Gómez, do grupo SEPA-interea) acolle, na súa parte monográfica, unha ampla representación do quefacer científico, académico e profesional da Educación Social no espazo iberoamericano. Os seus textos, habitados pola diversidade inherente ás realidades educativas e sociais nas que se insiren as súas autoras e autores, están alentados por un afán -un ethos en definitiva-, común: dar testemuño dun pasado-presente no que a educación social, implícita ou explicitamente, ten evidenciado o seu firme compromiso coa procura dunha sociedade mais xusta, equitativa e convivencial. Queda reflectido nas historias que se relatan nas páxinas que seguen, afirmando e reivindicando o importante labor da comunidade universitaria e dos colectivos profesionais, así como do seu necesario empoderamento como educadores ou pedagogos sociais. 

O volume abre co texto "In memoriam de Lucía Iglesias da Cunha, recoñecendo e lembrando para sempre o seu quefacer científico, académico e humano a prol da Educación Social en Galicia".

O número completo pode ser consultado nesta ligazón

A mostra "A ESCOLA NOVA... TAMÉN ENTRE NÓS (1921-2021)" estivo exposta durante o período lectivo do mes de decembro na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC en Lugo. A inauguración da mesma serviu como homenaxe á súa coordinadora, a nosa compañeira recentemente falecida Lucía Iglesias da Cunha.
Francisco Candía glosou brevemente o seu destacado perfil (tanto no eido persoal como no profesional), e rendeulle tributo desde esa Facultade, que ela coñecía ben, a toda unha vida ben vivida.

A Rede Museística Provincial acollerá do 3 ao 5 de xullo as Xornadas Internacionais sobre museos e educación, na que se exporán experiencias para difusión de patrimonio e cumprimento dos dereitos culturais desenvolvidas nunha decena de museos do Estado entre os que figuran o Museo do Prado, o Museo Arqueolóxico ou o Museo de Altamira, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.

No encontro, con sede compartida entre os catro museos provinciais, daranse a coñecer  materiais e estudos que se están a desenvolver nestes meses por parte dunha ampla rede de  investigadores universitarios, profesorado de secundaria e xestoras de museos e que teñen como obxectivo  promover mudanzas no enfoque da educación histórica con novas narrativas creadas a partir do patrimonio dos distintos museos.

O noso compañeiro Francisco Xosé Candía Durán organiza o próximo venres 22 de decembro na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC (Lugo) unha conferencia co título "As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensino (1923-2023)", a cargo do pedagogo Santiago Quiroga García.

No acto proxectarase o documental "Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente"

Desde 1948, cada 10 de decembro temos motivos para celebrar a aprobación nas Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). No seu preámbulo, afirmando a fe nos principios políticos, xurídicos e morais que invocan a dignidade en nome da paz, a liberdade, a xustiza ou a igualdade, a comunidade internacional comprometíase —en 30 artigos e apenas 2.000 palabras— a evitar os horrores da guerra ás xeracións vindeiras, liberándonos do temor e a miseria, da tiranía e a opresión.