Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Dando continuidade a iniciativas previas, o grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela, reunía aos seus integrantes no último dos seus foros de reflexión e debate, o pasado 3 de marzo de 2023.

Coa presenza de 24 dos 28 membros que conforman o persoal docente e investigador do grupo, desde o mais consolidado -mesmo con profesorado xubilado e visitante- ata o que ven de incorporarse a través de distintas figuras pre e pos-doutorais ou como bolseiras de colaboración, a reunión permitiu informar e valorar o estado de cuestión das distintas iniciativas que promove ou nas que participa científica e academicamente, poñendo unha especial énfase na planificación e desenvolvemento das accións programadas na estratexia de consolidación do grupo (2021-2024), na propia Universidade, con carácter interuniversitario, no traballo en rede e no quefacer de alcance nacional e internacional. No seu conxunto, tarefas que deben permitir a converxencia das responsabilidades que, nun plano individual e colectivo, dun xeito unipersoal e colexiado, nos cursos académicos 2023-2024 e 2024-2025.

Nun ambiente distendido e dialogal fixéronse propostas de mellora para a estrutura de comunicación e a sistematización do rexistro e difusión da información (interna-externa) e abordouse a necesidade de poñer en marcha máis accións de formación que conformen un plan de optimización nas competencias de xestión, divulgación e transferencia do coñecemento científico do grupo nas distintas liñas de investigación ás que se adscribe.

El Enfoque Escolar Integral para la Sostenibilidad es una propuesta cohesionada y colaborativa llevada a cabo por una comunidad escolar para mejorar el aprendizaje, la convivencia y el bienestar del alumnado con el objetivo de establecer una cultura de la sostenibilidad en todo el centro educativo y en todos los aspectos de la vida escolar. Para este desempeño, la participación activa de toda la comunidad educativa es fundamental en la puesta en marcha de este camino hacia la sostenibilidad. Este enfoque representa un paradigma que pone a los centros educativos en el centro de la acción social y ambiental para la transformación hacia modelos más sostenibles e inclusivos, adoptando una visión sistémica para vivir y aprender la sostenibilidad

Este Enfoque Escolar Integral para la Sostenibilidad es el que se pretende exponer en este seminario web para dar respuesta a la necesaria transición hacia sociedades más justas y sostenibles. El desafío de adaptar los centros educativos para que sean sostenibles desde todos sus ámbitos, teniendo en cuenta a toda la comunidad educativa, es la cuestión central que se pretende abordar, desde el conocimiento, la reflexión y los modelos de referencia, en los distintos espacios que conforman el mismo.

 

INSCRIPCIÓN

 

O viendeiro 9 de marzo de 2023 ás 12:00 da mañá terá lugar o acto de defensa de tese do noso compañeiro do grupo en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) Francisco Sóñora Luna. Un logro máis na súa ampla traxectoria na docencia e a innovación educativa. O lugar da celebración será na aula María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte.

Parabéns.

 

 

Información da defensa:

https://www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/defensa-teses

 

Lugar da defensa:

https://goo.gl/maps/sgDv7E28G2ZL9Bmp9

 

El I CONGRESO INTERNACIONAL DE CIENCIAS SOCIALES Y DESARROLLO HUMANO SOSTENIBLE: Retos en educación y sociedad para el 2030 pretende ofrecer un espazo de reflexión e de construción de ideas que cristalicen nas accións para o impulso dos ODS desde as Ciencias Sociais, as Ciencias da Educación, así como tamén desde o prisma das Ciencias Computacionas e Inxeñería de Computadores. Tratarase o desenvolvemento humano sostible desde múltiples perspectivas, primando o seu enfoque educativo e social, así como a revolución dixital e o uso das tecnoloxías con impacto relevante sobre os ODS e os enfoques anteriormente citados, adaptándose á propia idiosincrasia da Facultad de Ciencias Sociales de Talavera de la Reina e organizándose segundo as seguintes áreas temáticas: 

 

1. Educación de Calidade

2. Redución das desigualdades, benestar social e igualdade de xénero

3. Fin da pobreza, traballo decente e crecemento económico

 

Máis info: LINK

 

 

O mércores da semana pasada, no seno do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), comenzou o "Seminario de Formación Interna" do curso 2022-2023.

As dúas primeiras sesións, correron a cargo do investigador Antonio García-Vinuesa, membro do grupo SEPA-interea desde 2017.

Na primeira sesión online do mércores 16 de febreiro, achegámonos ás búsquedas nas bases de datos científicas, en particular na de Scopus, propiedade de Elsevier. Trátáronse contidos relacionados co acceso institucional a este tipo de base de datos, os campos de búsqueda, os operadores, as opcións para refinar os resultados, as características e posibilidades de análise destes, así como, á súa exportación e a información accesible sobre autores/as e revistas.

 

 

A segunda sesión enlazou coa primera achegándonos aos diferentes índices (de revistas e de autores/as) de calidade da produción científica. Explicáronse os principais índices das bases de datos internacionais Web of Science y Scopus, en inglés, e Dialnet e Scielo, en castelán e portugués.

Finalmente coñecimos a Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC), unha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas valoradas en función dos produtos de avaliación existentes e considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI, ANECA.

 

O vindeiro 30 de novembro terá lugar a mesa redonda na que os/as nosos/as compañeiros/as Carmen Morán, Pable Meira e Antonio García dialogarán sobre a emerxencia climática e a súa relación coa educación.

Presentación (www.neg.gal):

A emerxencia climática é probablemente o principal reto socio-ambiental ao que a humanidade ten que se enfrontar. Unha crise de dimensións planetarias con consecuencias claramente observables no presente e que se incrementarán a medio e longo prazo. A actividade proposta pretende aproximarse ao CC como un problema complexo e global con conexión individuais e colectivas. Que elementos debemos ter en conta na propia cotiandade? Como pode a escola procurar un cambio de paradigma nas nosas relacións co medio ambiente? Que iniciativas comunitarias poderían ser relevantes nesta liña? Contando coa participación do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC vencellado ao Proxecto RESCLIMA e con outras persoas colaboradoras abordaremos estas e outras cuestións que poidan xurdir. Será unha actividade que celebraremos na sede de Nova Escola Galega, no barrio de Conxo, aberta ao público, dunha duración aproximada entre intervencións da mesa e coloquio de dúas horas

Nova Escola Galega organiza o evento coa colaboración do concello de Santiago de Compostela a Revista Galega de Educación e o proxecto Resclima.

A mesa comezará ás 19:00 na seda de Nova Escola Galega https://goo.gl/maps/jgZAxsv38WB8QSd2A

Os días 21, 23 e 28 de novembro terán lugar as Xornadas de experiencias culturais organizadas polo alumnado da materia Educación Social nas Políticas Culturais do grao en Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela