Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Nun mundo cheo de desafíos, queremos romper coa rutina dos problemas e futuros escuros. É hora de atreverse a soñar e construír alternativas, utopías compartidas, desexables, igualitarias, xustas e sostibles.

Unha mostra elaborada por alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar recupera para a actualidade en Formación do Profesorado a biografía, así como a pegada e o labor pedagóxico desenvolvido por de preto de medio centenar de mestras e profesoras de distintos lugares do mundo

O noso compañeiro Kylyan Marc Bisquert i Pérez ofrecerá diversas actividades formativas e de transferencia durante a súa estadía como profesor visitante no Centro de Educação Ambiental e Preservação do Patrimônio (CEAPP) da Universidade Federal do Paraná (UFPR), en Curitiba (Brasil), por invitación da profesora Marília Andrade Torales Campos, profesora de dita universidade e directora do centro.

[Artigo de José Antonio Caride e Antón Costa Rico que abre o nº 27 da revista Sarmiento]

 

Profesora Dra. María Lucía Iglesias da Cunha

(Sao Paulo,1965 - Santiago de Compostela, 2023)

O 27 de novembro de 2023, ultimando a edición do número 27 de Sarmiento. Revista galego- portuguesa de Historia da Educación, tendo como tema monográfico as “historias da Educación Social no espazo iberoamericano”, coñecíamos o pasamento da profesora Lucía Iglesias da Cunha. A súa esperanzada e, ao tempo, persistente loita contra o cancro non conseguiu superar as adversidades da enfermidade, deixándonos orfos da súa pre- senza amable e amigable entre nós.

De 27 a 29 de maio de 2024, terá lugar na Facultade de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da Universidade do Porto (Portugal) o V CILME 2024.

Este Congreso, que decorre da Rede de Investigaçión em Lideranza e Melloría da Educaçión (RILME), en 2024 é organizado pola Comunidade Práctica de Investigación Currículo, Avaliación, Formación e Tecnologías digitais em Educación (CAFTe), do Centro de Investigación e Intervención Educativas (CIIE) da Universidade do Porto, e conta coa colaboración da Asociación Nacional de Directores de Agrupamentos e Escolas Públicas (ANDAEP) e da Asociación Nacional de Dirixentes Escolares (ANDE).

O número 27 de Sarmiento (coordenado por José Antonio Caride Gómez, do grupo SEPA-interea) acolle, na súa parte monográfica, unha ampla representación do quefacer científico, académico e profesional da Educación Social no espazo iberoamericano. Os seus textos, habitados pola diversidade inherente ás realidades educativas e sociais nas que se insiren as súas autoras e autores, están alentados por un afán -un ethos en definitiva-, común: dar testemuño dun pasado-presente no que a educación social, implícita ou explicitamente, ten evidenciado o seu firme compromiso coa procura dunha sociedade mais xusta, equitativa e convivencial. Queda reflectido nas historias que se relatan nas páxinas que seguen, afirmando e reivindicando o importante labor da comunidade universitaria e dos colectivos profesionais, así como do seu necesario empoderamento como educadores ou pedagogos sociais. 

O volume abre co texto "In memoriam de Lucía Iglesias da Cunha, recoñecendo e lembrando para sempre o seu quefacer científico, académico e humano a prol da Educación Social en Galicia".

O número completo pode ser consultado nesta ligazón