Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O vindeiro xoves 14 de decembro, Kylyan Marc Bisquert i Pérez, investigador do SEPA que actualmente está a realizar unha estadía de postdoutoramento no Centre de recherche en éducation et formation relatives à l’environnement et à l’écocitoyenneté (Centr'ERE) de l'Université du Québec à Montréal (UQAM), participará xunto con Sylvie Lapointe, cineasta e estudante do Mestrado en Antropoloxía na Université de Montreal (UdM), e Ana Deaconu, investigadora postdoutoral na Cátedra de Investigación do Canadá sobre as Desigualdades en Nutrición e Saúde (CIENS), tamén da UdM, nunha mesa redonda arredor da Agroecoloxía e a Educación Ambiental dende un enfoque transdisciplinar.

Toda a información sobre a temática a tratar e as personas que participarán na mesa redonda está dispoñible (en francés) nesta ligazón.

Poderase participar en liña na actividade, que se desenvolverá integramente en francés, a través da seguinte ligazón: https://uqam.zoom.us/j/83076592180