Prácenos informar que o xurado da terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela decidiu conceder por unanimidade este premio a Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación desta universidade.
Sempre ten sido unha honra ter entre nós e con nós a un dos mais sobranceiros pedagogos da Galicia (e doutros contornos xeográficos e sociais), mestre de todos/todas, do que tanto aprendimos e seguimos aprendendo, non só polo seu quefacer científico e académico, senón tamén humano.
Que a USC recoñeza o moito que ten feito polo galego na Universidade e na sociedade agranda o Premio co que hoxe, e para sempre, lle ten sido concedido.
Parabéns, Antón. E grazas polas túas palabras de recoñecemento ó grupo SEPA-interea e a todos/todas os/s que formamos parte del.
Máis información en: