Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela, ten dúas propostas de “concesión de ayudas a la convocatoria de 2018 de Proyectos de I+D+i Retos Investigación del Programa Estatal de I+D+I orientada a los retos de la sociedad”.

 

En concreto, e cos códigos, títulos, acrónimos e IPs que se indican:

 

a)

Código: RTI2018-094074-B-I00

Título: Educación para el cambio climático en educación secundaria: investigación aplicada sobre representaciones y estrategias pedagógicas en la transición ecológica.

Acrónimo: RESCLIMA-EDU2

IP_1: Prof. Dr. Pablo Ángel Meira Cartea (USC)

IP_2: Prof. Dr. José Gutiérrez Pérez (Universidad de Granada)

 


b)

Código: RTI2018-094764-B-I00

Título: Educación y conciliación para la equidad en los tiempos escolares, familiares y sociales de la infancia.

Acrónimo: CON_TIEMPOs

IP_1: Prof. Dra. Mª Belén Caballo Villar (USC)

IP_2: Prof. Dra. Rita Gradaílle Pernas (USC)

 


Ao tempo que informamos desta boa nova, que sen dúbida agrandará o potencial científico e académico do Grupo SEPA-interea, felicitamos a tódalas persoas que o fixeron posible, aos seus IPs e a quen, dun xeito ou doutro, con dedicación completa ou parcial, integran os equipos de investigación e de traballo en cada unha destas dúas iniciativas, a desenvolver no período 2019-2022 (catro anos).


 

En particular, por todo o que significa:


 

1)   Acadar, por terceira vez consecutiva, financiamento para dous proxectos de investigación na convocatoria competitiva do Plan Nacional/Estatal de I+D+i en dúas das liñas de investigación máis salientables do grupo SEPA-interea;


 

2)   Renovar e ampliar os liderádegos nos proxectos que vimos promovendo, diversificando a composición dos grupos en perspectiva de xénero, con investigadoras/es mozas/zos, con membros doutras Universidades de España e doutros países, etc.;


 

3)   Manter, con visión de futuro, a nosa condición de Grupo de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego, xa que acadamos dous dos indicadores-evidencias fundamentais para unha avaliación positiva do mesmo, considerando que no ano 2021 deberemos candidatarnos na Convocatoria que se prevé faga a Xunta de Galicia, dando continuidade á que se realizou en 2017.


 

Por todo isto e, moi especialmente, polo que representa no quefacer individual e colectivo da comunidade universitaria que articulamos, é motivo dunha grande satisfacción.