Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Desde o grupo SEPA-interea damos comezo ao ciclo Educación, ciencia e conciencia [EC²] no diálogo Universidade-Sociedade cunha conversa que, baixo o título "Por unha vida digna" reunirá a Juan Carlos Unzué (ex-futbolista, adestrador e enfermo de ELA) e a Ángel Carracedo (Catedrático de Medicina Legal, Xenética e Bioloxía de Sistemas da USC).

A charla, moderada pola xornalista Eva Millán, conta co apoio da SIPS, AGAELA e Afundación, e terá lugar o 19 de marzo ás 19:30h no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro 23, Santiago de Compostela). Tamén se emitirá online a través de AfundaciónTV.

Abriuse tamén unha fila 0 para doazóns a beneficio de AGAELA: Bizum ao 03228.