Rede RINEF-CISOC

A Rede de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC) iniciou a súa constitución e o desenvolvemento das súas primeiras iniciativas no ano 2009, coa vontade de promover e articular actuacións que posibilitasen a xeración de sinerxias, cada vez máis fortes e competitivas, no ámbito da investigación e a difusión de coñecemento, atendendo a unha dobre e complementaria intencionalidade: dunha banda, contribuír ao logro dun maior e mellor desenvolvemento da investigación educativa na e para a sociedade; doutra, alentar novas lecturas (multi e interdisciplinares, complexas, inclusivas, etc.) na investigación educativa, poñendo en valor as súas potencialidades para dar resposta a necesidades e demandas que melloren a calidade da educación, o benestar das persoas, a cultura da sustentabilidade e o desenvolvemento humano.

Máis en concreto, as súas actuacións veñen orientándose cara a:

  • Ampliación e consolidación da capacidade de inserción da investigación educativa e das Ciencias da Educación nas realidades cotiás da sociedade galega e nas comunidades científicas que conforman o SUG; así como naqueles proxectos de innovación e desenvolvemento que teñan como finalidade mellorar o sistema educativo, a calidade de vida e o benestar social da cidadanía.
  • Optimización e proxección en diferentes contextos xeográficos, socioeducativos e culturais das iniciativas investigadoras promovidas polos grupos que integran a Rede. Preténdese un enfoque interdisciplinario e colaborativo que aproveite as potencialidades epistemolóxicas, metodolóxicas, tecnolóxicas e infraestruturais postas ao seu dispor, fundamentalmente nas interaccións establecidas entre: a escola, as familias e a sociedade; as realidades do cotiá-local e o global-planetario; as tecnoloxías da información e da comunicación e a creación e difusión do coñecemento; a formación e os procesos de inserción sociolaboral; a educación para a cidadanía e a inclusión social; e os dereitos cidadás na educación.

A Rede de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC) está integrada por 8 grupos de Investigación, todos pertencentes ao Sistema Universitario Galego:

  •  catro (4) deles adscritos á Universidade de Santiago de Compostela, tres (3) no campus de Santiago de Compostela e un (1) no campus de Lugo;
  •  dous (2) á Universidade de A Coruña, no seu campus da Coruña; e
  •  dous (2) á Universidade de Vigo: un deles no campus de Ourense e outro intercampus (Ourense-Pontevedra) que se incorpora á Rede no ano 2016.

 

Nomes do grupo (código)

Investigador/a principal-Coordinador/a

Universidade (Campus)

SEPA-interea (GI-1447)

Pedagoxía Social e Educación Ambiental

José Antonio Caride Gómez (CU)

USC

(Santiago)

GIE (GI-1444)

Grupo Interuniversitario de Estudios

José Felipe Trillo Alonso (TU)

USC

(Santiago)

STELLAE (GI-1439)

Grupo de Investigación Stellae

Adriana Gewerc Barujel (TU)

USC

(Santiago)

EDURNATEX (GI-2124)

Educación, Natureza, Arte e excursionismo

Uxío Otero Urtaza (CU)

USC

(Lugo)

EIRA (G-000585)

Equipo de investigación educativa

Mercedes González Sanmamed (TU)

UdC

(A Coruña)

PEHS (G-000625)

Política Educativa, Historia e Sociedade

Narciso de Gabriel Fernández (CU)

UdC

(A Coruña)

GIE (DO1/A)

Grupo Interuniversitario de Estudios-Ourense

Adolfo Pérez Abellás (CD)

U_Vigo

(Ourense)

CIES

Colaboración e Innovación para la Equidad Educativa y Social

Ángeles Parrilla Latas (CU)

U_Vigo

(Pontevedra e Ourense)