A ESCOLA NOVA... TAMÉN ENTRE NÓS (1921-2021)

Unha iniciativa de transferencia académica promovida polo GI SEPA-Interea da USC a fin de salientar o valor patrimonial e histórico, de memoria e de coñecemento que representa o movemento pedagóxico internacional da Nova Educación, desenvolvido por parte de educadores, educadoras, médicos, hixienistas e psicólogos durante as catro primeiras décadas do século XX, en particular mediante as iniciativas da Liga Internacional da Educación Nova (LIEN). As súas orientacións, propostas e iniciativas marcaron o posterior desenvolvemento da educación a escala internacional ata a actualidade. 

A ampla exposición bibliográfica e gráfica, articulada en sete seccións,  quere favorecer un achegamento sensible a algúns dos textos, experiencias e imaxes relacionadas coa Nova Educación. 

As actividades académicas que a acompañan (unha conferencia, unha mesa redonda, presentación dun libro e do catálogo da exposición) queren ser, complementariamente, ocasión para enriquecer o coñecemento sobre os principios, ideas e realizacións da Nova Educación, podendo ademais sinalar algúns dos ecos e experiencias promovidas por educadores galegos en sintonía coa Nova Educación.

 

DESCARGA AQUÍ O CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN