O X CIDU, Congresso Iberoamericano de Docência Universitária: O envolvimento estudantil na Educação Superior é un congreso destinado á promoción dun espazo de encontro entre profesorado, estudantado e investigadores, de diferentes áreas do coñecemento, de países da Comunidade Europea e de América Latina.
Pode descargar o programa no seguinte enlace: https://www.dropbox.com/s/bd234e6v4herdau/X%20CIDU%20-%20Cartaz%20com%20Programa%C3%A7%C3%A3o.pdf?dl=1
O evento organízao a Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul/PUCRS – co apoio do Centro de Estudos em Educação Superior – CEES/PUCRS e é promovido pola Associação Ibero-americana de Docência Universitária – AIDU .
LIÑAS TEMÁTICAS
Xunto á temática central do Congreso haberá espazos para a presentación de comunicacións e o desenvolvemento de simposios sobre diferentes liñas temáticas de interese común para a Universidade e a docencia universitaria:
1. Permanencia e Fidelización na Educación Superior
2. Internacionalización da Educación Superior
3. Políticas e Xestión da Educación Superior
4. Tecnoloxías Dixitais na Educación Superior
5. Formación Discente e Espazos de Actuación
6. Currículo e Recursos Formativos
7. Prácticas Pedagóxicas e Innovación na Educación Superior
8. Desenvolvemento Profesional e Formación Docente
9. Avaliación na Educación Superior
10. Redes de Investigación e Colaboración
11. A Escrita Académica na Educación Superior
12. Calidade de Vida na Universidade
13. Diversidade e Inclusión
OBXECTIVOS
O congreso ten como principal obxectivo a construción dun espazo internacional e interdisciplinar de intercambio de ideas e experiencias sobre a Universidade e a docencia de calidade. Pretende:
· Crear espazos de discusión e debate sobre a Docencia Universitaria, tendo como enfoque a participación do estudantado na Educación Superior.
· Estabelecer sinerxias institucionais e persoais que faciliten avanzar na mellora da Educación Superior.
PÚBLICO
Profesorado, investigadores/as e estudantado universitario de todas as titulacións e areas de coñecemento.
DATA E LUGAR DO EVENTO
O X CIDU terá lugar na cidade de Porto Alegre do 30 de outubro áta o 1 de novembro de 2018. Salón de Actos (Edificio 4) e nas dependencias do edificio 50 da PUCRS.