Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O Grupo de Investigación SEPA-interea colabora coa organización das II Xornadas de Formación da Semente Lugo, que se centrarán nos desafíos da educación galega para o século XX, e que terán lugar os días 7 e 8 de abril na cidade de Lugo.

As xornadas están dirixidas a todo o profesorado, estudantado de Ciencias da Educación e, igualmente, a aquelas persoas interesadas nos retos para a educación no marco galego, particularmente, no que se refire á situación lingüística. Para asistir ás Xornadas é necesaria a previa inscrición gratuita, antes do vindeiro día 2 de abril, no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeA4oY8cR64vECxTRyhrDiIwOhtQV-bqsCMLitGeCxaKzJhBQ/viewform?usp=pp_url&entry.1322291532&entry.1935566197&entry.114957460