Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O vindeiro xoves 22 de marzo ás 19:45 horas estades todos convidados á presentación de Arponera Café, o novo libro de Héctor Pose, colaborador externo do noso grupo SEPA-interea. A súa lectura trasládanos a un máxico lugar onde as vidas se entrecruzan coa mariña sensación da beleza.

O acto terá lugar na Librería Formatos de A Coruña, situada na rúa Santiago Rey Fernández Latorre, número 5.

O autor estará acompañado por Mercedes Sierra, promotora de lectura.