O PROXECTO “DESCARBONIZA! QUE NON É POUCO…” ORGANIZA UN CONCERTO-COLOQUIO CON SÉS
A “Milonga Climática” celebrarse o vindeiro 20 de marzo no Teatro Principal.
O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…” convida á cantante Sés (María Xosé Silvar) a un coloquio compartido co público no que mesturar cancións con reflexións sobre o cambio climático e algúns dos temas máis recorrentes da súa discografía.
O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…” convida á cantante Sés (María Xosé Silvar) a un coloquio compartido co público no que mesturar cancións con reflexións sobre o cambio climático e algúns dos temas máis recorrentes da súa discografía.
Despois de contar o ano pasado coa presenza do director de cine José Luís Cuerda, no seu segundo ano de andadura, o proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…” volve buscar no diálogo con persoeiros sinalados unha vía para achegar o gran reto do cambio climático ao público compostelá.
O proxecto, que busca organizar e acompañar grupos de persoas que estean dispostas a “descarbonizar” os seus estilos de vida, reducindo así as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, está a desenvolverse na actualidade en cinco Centros Socioculturais do Concello (Busto, Castiñeiriño, Conxo, Lavacolla e Vite). Desde o pasado mes de outubro, os grupos veñen reuníndose cada certo tempo, seguindo unha dinámica propia na que analizar as causas e consecuencias do cambio climático e as medidas que se poden poñer en marcha na súa contorna inmediata. Este traballo está a cristalizar na organización de varias actividades (paseos interpretados polos barrios, obradoiros de conservas, micropezas de teatro), e algunhas máis que virán nas próximas semanas.
Como o ano pasado, a actividade dos grupos compaxinarase coa organización dun evento anual no que poder achegar o Cambio climático a outros temas e escenarios. Nesta ocasión a nosa convidada será María Xosé Silvar, Sés, coa que temas como o feminismo, a comunidade, a educación, a lingua, a cultura ou a música farán parte dunha conversa que servirá de fío condutor para as cancións de Sés, ou viceversa...
O evento celebrarase o vindeiro 20 de marzo no Teatro Principal, ás 20:30 h. A entrada será de e balde, previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal a partir do 7 de marzo (horario do despacho de billetes: de martes a sábado de 18 a 21 h.).
Para máis información:
609909564 (Miguel)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://www.resclima.info/descarboniza
Atópanos en Facebook: Descarboniza-Que-non-é-pouco
E en Twitter: @descarboniza