Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O vindeiro xoves 16 de novembro ás 10 horas terá lugar, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela, o Seminario "Compatibilizar as discrepancias", desenvolvido por parte do filósofo, escritor e mediador Josemi Valle.

O mesmo día 16 de novembro ás 16 horas, na Facultade de Educación (Campus de Elviña, Salón de Graos) da Universidade da Coruña, poderemos asistir á conferencia "Admiración polo admirable".

Ambas actividades desenvolveranse no marco do Foro de Lecturas "Ler o mundo hoxe desde os sentimentos".