O noso compañeiro José Antonio Caride Gómez está a participar en México no 4º Congreso Nacional de Educación Ambiental para a Sustentabilidade onde ofreceu a Conferencia maxistral: Educación Ambiental, emerxencia climática e desafíos éticos. No Congreso haberá tamén un acto de recoñecemento pola súa traxectoria e aportes á educación ambiental.
O programa completo do Congreso pódese consultar nesta ligazón.