Esta semana despedimos a nosa compañeira María Aguión Lamas, quen levará a cabo unha estancia pre-doutoral en Bilbao dun mes de duración.
Actualmente está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación (USC). A súa tese céntrase no lecer dos e das adolescentes, concretamente nos contextos da Galiza rural, levando por título “O ocio educativo adolescente na Galiza rural. Realidades e desafíos”.