Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O 29 de abril de 2025, presentáronse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida) os números 90 e 91 da Revista Galega de Educación.

O primeiro, coordinado por Xosé Cabido, versa sobre educación afectivo-sexual; mentres que o número 91 está coordinado por Héctor Pose Porto (Universidade da Coruña) e o noso compañeiro Xabier Riádigos Couso, levando por título “Comunidade e participación das infancias”.

Na presentación interviron Ana Parada, en calidade de codirectora da revista; Xosé Cabido e Xabier Riádigos, como coordinadores de ambos números; e diferentes autorías dos dous monográficos: Olalla Liñares, Aixa Permuy, Kevin González e Aida Lorenzo. A organización correu a cargo de Ana Rodríguez, Silvia López e Xesús Rodríguez.

Todos os artigos pódense consultar na web da revista: https://rge.gal/