Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Vén de publicarse o libro Pensar e investigar la educación: desafíos sociales y líneas emergentes, coordenado por Eduardo Vila Merino, Teresa Rascón Gómez y Manuel Hijano del Río.

Este libro analiza as liñas emerxentes na investigación educativa en Teoría e Historia da Educación. Froito dunha profunda reflexión deste equipo docente, con diversas publicacións conxuntas recentes, chegouse á conclusión de que era o momento de achegar perspectivas renovadas a esta cuestión, unha vez transcorrido o primeiro cuarto do século XXI. Deste xeito, 27 profesores desta e doutras áreas relacionadas detallan en nove capítulos os camiños seguidos polos traballos máis recentes nos seus perfís investigadores.

Tras a introdución de José Antonio Caride, onde reflexiona sobre a natureza e o interese deste tipo de traballos, aparecen oito apartados sobre liñas de investigación en Teoría da Educación en revistas internacionais; a educación inclusiva como unha cuestión de xustiza social e equidade; as perspectivas de profesionalización da acción educativa; investigación en Pedagoxía Social e a transición á vida adulta da mocidade migrante; liñas emerxentes en revistas e teses de doutoramento en Historia da Educación; a muller educadora nos períodos ditatoriais do século XX español; As fake news no ensino, unha nova liña na política educativa; e a función educativa nas empresas.

Traballos coma estes son necesarios para atopar o fundamento e os enfoques epistemolóxicos, como sinala Caride na introdución. Ao rematar esta lectura, o lector atopará unha resposta rigorosa e evidente a este obxectivo.

A introdución do noso compañeiro José Antonio Caride, co título "La investigación educativa en perspectiva", pode consultarse no avance do libro.