Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Os días 8 e 9 de maio de 2025 terá lugar o I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social na cidade de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida). Pretende ser un espazo de divulgación e reflexión científica e profesional da educación social, unha oportunidade para compartir investigacións, experiencias, coñecementos e prácticas innovadoras que contribúan a facer avanzar a profesión.

Tendo por foco o acompañamento socioeducativo e o benestar, os eixos temáticos do encontro son: benestar, comunidade e calidade de vida; diversidade e interseccionalidade; educacións críticas e transformadoras; corpos, artes e medios audiovisuais; así como outros ámbitos emerxentes.

Animamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a presentar os seus traballos en calquera das dúas modalidades dispoñibles: simposio ou comunicación.

Organizan o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, a Universidade de Vigo, Universidade de Educación a Distancia, Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, contando coa colaboración directa do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social SEPA-interea.

Toda a información sobre o congreso está dispoñible a través desta ligazón.

Para máis información, pódese contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.