Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O campo da educación ambiental percorreu, nas últimas décadas, distintos camiños, visualizou múltiples escenarios e consolidou un conxunto de accións e proxectos educativos que evidencian a complexidade presente no seu interior. No entanto, como todo espazo de saber e práctica social, foi influenciado por unha diversidade de factores, que nalgúns casos o pontecializaron e, noutros, impuxéronlle un prolongado estado de letarxia. Hoxe en día, diante do recoñecemento case unánime a nivel mundial, rexional e nacional de que os problemas ambientais seguen o seu curso e, nalgúns casos, moitos deles se agravaron, tórnase imprescindíbel volver cuestionar os fundamentos, lecturas e visións sobre os cales a educación ambiental foi pensada e practicada nos diversos ámbitos e niveis en que se fai presente. Este traballo pretende ser máis un punto de resistencia nesa persistente busca por novas abordaxes, explicacións e respostas para os problemas ambientais que afrontamos, co obxectivo de construír outras posibilidades de futuro no contexto socioambiental. Ao longo do libro delineanse, por medio das palabras de educadores ambientais do México, Canadá e España, un conxunto de análises, reflexións, ollares, perspectivas, dúbidas, nostalxias e alegrías sobre o que foi o proceso de construción do campo da Educación Ambiental. Destácanse algúns dos seus aspectos máis relevantes, pero sen ocultar as súas marcadas inconsistencias, que teñen dificultado a súa consolidación como un campo de saber dirixido á constitución de procesos educativos críticos, participativos, democráticos e reflexivos.

O libro contén entrevistas cos nosos compañeiros José Antonio Caride Gómez (Mudança de perspectiva sobre o mundo e suas múltiplas realidades) e Pablo Ángel Meira Cartea (O campo de Educação Ambiental é “freaky”)

A obra pódese descargar nesta ligazón.