Xunto ao Grupo de Investigación Esculca, impulsamos en Compostela unha conferencia co título "As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensino (1923-2023)”, seguida da proxección do documental "Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente", que foi elaborado recentemente por ese proxecto educativo para conmemorar a efeméride.
Para iso contaremos coa presenza de Santiago Quiroga, Coordenador Nacional da rede de Escolas de Ensino Galego Semente.
O acto terá lugar o mércores 8 de maio ás 17:30h no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Sur compostelano.
A actividade está organizada por Júlio Conde (Docente da materia de Educación Ambiental) e Alexandra M. Rodíiguez Gil (Docente da materia de Historia da Educación).