Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

Comezamos o 2021 cunha nova publicación, desta vez no Brazilian Journal of Agroecology and Sustainability (BJAS), que a principios de xaneiro publicou o artigo “Iniciativas colectivas de consumo ecolóxico en Galicia: panorama actual, modelos e acción socioeducativa”, ao cal se pode acceder en aberto na seguinte ligazón: http://www.journals.ufrpe.br/index.php/BJAS/article/view/3709

Así mesmo, prácenos mencionar que o xornal El Progreso fíxose eco desta publicación nunha reportaxe sobre o grupo de consumo O Zuleiro, iniciativa que comezou a desenvolver a súa actividade recentemente na comarca da Ulloa e que é o colectivo de máis recente creación de entre os analizados no traballo publicado no BJAS: https://www.elprogreso.es/articulo/ulloa-melide/ulloa-organizase-consumir/202101171207321481174.html