Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento do Rural (REDE DO RURAL) inaugurou a súa páxina web.

A REDE DO RURAL xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego. Unha comunidade diversa de persoas, colectivos, organizacións e entidades vencelladas polo fío transversal da defensa dun medio rural desenvolvido desde a sostibilidade ecosistémica como garante da sostibilidade socioeconómica.

Entre os seus eixos atópase o de promover un Anteproxecto do Plan de Educación Específico para o Rural Galego.

Nesta nova web podedes encontrar artigos e publicacións relacionados coa Educación Rural entre outras novas que poden ser do voso interese, como o artigo do noso amigo e compañeiro o Prof. Antón Costa, "AÍNDA NON RAIABA O DÍA Educación e sociedade galega nun tempo grisallado (1961-1977)"

Boa lectura.

Web REDE DO RURAL

Enlace artigo