Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

O día 8 de outubro a asociación Aliad-Ultreia, compañeiras do grupos SEPS-interea, tivo a firma do convenio con "la Caixa", reforzando un apoio que nos permitirá dar continuidade ao Plan de Animación Sociocultural na prisión de Monterroso, xunto ao noso grupo. Nesta nova fase:


- Búscase reforzar con actividades formativas a radio comunitaria LibreMente e as actividades deportivas de verán, dúas iniciativas impulsadas polos presos capacitados como monitores de tempo libre na fase anterior.

- Darase continuidade aos proxectos de voluntariado e á incorporación da prisión aos circuítos socioculturais municipais, experiencias que acrecentan as oportunidades de participación e o intercambio coa comunidade.

- Preocupadas polo escaso nivel formativo da maioría da poboación reclusa, que non ten o graduado en ESO, nesta ano incorporamos o traballo de información e motivación cara a escolaridade, así como o apoio a iniciativas de reforzo educativo.

- E, coma sempre, continuaremos coas accións dirixidas a investigar, formar, sensibilizar e reivindicar un novo modelo de prisión, que poña no centro a EDUCACIÓN.