A revista Ocnos: Revista de estudios sobre lectura ven de publicar no seu último número o artigo “Leer en tiempos de ocio: los estudiantes, futuros profesionales de la educación, como sujetos lectores” do que son autores o profesor José Antonio Caride e as profesoras Belén Caballo e Rita Gradaílle.
Resumo: O artigo sitúa os seus argumentos teóricos, metodolóxicos e empíricos na explicación e interpretación de distintas circunstancias que concorren nas prácticas lectoras do alumnado universitario no seus tempos de ocio. Invocando o potencial creativo e recreativo da lectura no seu desenvolvemento persoal, académico e profesional, o texto pon énfase na importancia das competencias e capacidades que poderán adquirir como estudantes e futuros profesionais da educación. Co obxectivo de coñecer os hábitos lectores dos estudantes universitarios e se a lectura se atopa entre as súas prácticas de ocio, aplicouse un cuestionario a 733 alumnos dos Grados en Educación Infantil (GEI), Educación Primaria (GEP), Educación Social (GES) e Pedagoxía (GPD) na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados evidencian que un de cada tres considérase "lector frecuente", constatándose que unha elevada porcentaxe non ten hábitos lectores (50.6% no GEI e 41.5% no GEP). Os universitarios que son lectores habituais realizan actividades de ocio máis diversificadas e satisfactorias, transcendendo os ámbitos lúdico e recreativo para adentrarse nun ocio máis cultural e ambiental-ecolóxico. De aí a importancia dunha educación do ocio que promova e consolide a lectura na vida cotiá.
Pódese acceder a este e outros artigos deste número na seguinte ligazón: https://revista.uclm.es/index.php/ocnos/issue/view/165