Na xornada de onte, o Grupo de Investigación SEPA-interea reuniuse para facer valoración desta primeira metade do ano 2018.
Na xornada de onte, o Grupo de Investigación SEPA-interea reuniuse para facer valoración desta primeira metade do ano 2018.
Foi un día de celebrar avances, reflexionar criticamente, ponderar retos e compartir afectos.
Ademais, contamos coa grata compañía da nosa colaboradora externa Rosa Marí Ytarte, que estivo uns días de estadía connosco.
Agora é tempo de afrontar os novos desafíos que nos depara o futuro con folgos renovados, asentados no traballo e a dedicación desempeñada ata o momento polo conxunto do grupo e por cada un dos seus membros.