O vindeiro 17 de abril as nosas compañeiras Laura Cruz, Carmen Morán e María Barba estarán no Centre d’Estudis Jurídics i Formació Especialitzada da Generalitat de Catalunya, en Barcelona, nunha mesa redonda para expoñer o seu proxecto: Animación sociocultural en prisión: experiencia no Centro Penitenciario de Monteroso.
A partir dunha proposta socioeducativa crítica, fundamentada no paradigma da investigación-acción participativa, os internos, profesionais da vixilancia, a equipa técnica e as entidades externas, implicáronse na análise da súa realidade co obxectivo de transformala. Para acadalo concretouse un plan de animación sociocultural que pretendía mellorar a relación entre os diferentes colectivos, potenciar as posibilidades de participación e abrir a prisión á comunidade.
A experiencia quedou plasmada no libro "Animación sociocultural en prisión: experiencia no Centro Penitenciario de Monteroso" da Editorial Popular.