Novas de interese

Grupo de Investigación SEPA

A revista "Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria" ven de publicar no seu número 31 o artigo "Las prácticas de ocio y su educación en los procesos de inclusión social: un estudio comparado con jóvenes (ex)tutelados en Cataluña, Galicia y Madrid" do que son autores Ángela L. De Valenzuela, Rita Gradaílle e José Antonio Caride, membros do grupo SEPA-interea.

Pódese encontrar e descargar en pdf na seguinte ligazón:
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/article/view/59978

A revista "Sociologia, problemas e práticas" ven de publicar no seu número 87 o artigo "El impacto de la crisis en la conciliación de los tiempos cotidianos: análisis de las familias del alumnado de educación primaria en Galicia" do que son autores Rubén Martínez García, Ángela L. De Valenzuela e Laura Varela Crespo, membros do grupo SEPA-interea.

Pódese encontrar e descargar en pdf na seguinte ligazón:
http://revistas.rcaap.pt/sociologia…/article/view/9498/10607

O vindeiro 17 de abril as nosas compañeiras Laura Cruz, Carmen Morán e María Barba estarán no Centre d’Estudis Jurídics i Formació Especialitzada da Generalitat de Catalunya, en Barcelona, nunha mesa redonda para expoñer o seu proxecto:  Animación sociocultural en prisión: experiencia no Centro Penitenciario de Monteroso. 

Recentemente publicouse o último volume da revista AmbientalMente Sustentable, titulado A Educação Ambiental como resposta ás súas fragilidades e como contributo para viver nos seus limites. A Terra é unha ilha, na cal se recollen as principais contribucións presentadas no IV Congresso Internacional de Educação Ambiental dos países e comunidades da língua portuguesa, que aconteceu en xullo de 2017, na Illa do Príncipe, en São Tomé e Príncipe. Inclúense interesantes traballos de varios membros e colaboradores do grupo SEPA-interea.

 

O vindeiro xoves 22 de marzo ás 19:45 horas estades todos convidados á presentación de Arponera Café, o novo libro de Héctor Pose, colaborador externo do noso grupo SEPA-interea. A súa lectura trasládanos a un máxico lugar onde as vidas se entrecruzan coa mariña sensación da beleza.