Participación do grupo SEPA-interea no Coloquio Internacional "L'Éducation relative au Changement Climatique"
Os pasados 10 e 11 de outubro celebrouse o Coloquio Internacional L'Éducation relative au Changement Climatique, organizado polo Centr'ERE na Université du Québec à Montréal.
Dende o Proxecto Resclima, liderado polo grupo SEPA-interea, participamos presentando os nosos últimos resultados e os novos proxectos de investigación na primeira sesión do venres 11.