Grupo de Investigación SEPA

María Aguión Lamas

María Aguión Lamas

Contratada predoutoral FPU

Graduada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario (2020/2021).

Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (USC, 2021-2022).

Respecto da súa traxectoria profesional, a mesma está vinculada ao traballo con colectivos en situación de exclusión, principalmente desenvolvendo a intervención socioeducativa con adolescencias en situación de vulnerabilidade.

Actualmente está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación (USC). A súa tese céntrase no lecer dos e das adolescentes, concretamente nos contextos da Galiza rural, levando por título “O ocio educativo adolescente na Galiza rural. Realidades e desafíos”.

Dentro do grupo, as liñas de investigación ás que se adhire son "Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos", "Tempos educativos e sociais, pedagoxía do ocio" e “Educación e desenvolvemento comunitario”. Así mesmo, forma parte do proxecto “Resclim@tiempo”.

 

ORCID: 0009-0003-5837-008X