Marcos Damián Carrizo
IFP (Investigador en formación)Profesor de Ensino Primario polo Instituto de Educación Superior Juan B. Justo (Arxentina)
Especialización Docente en Tecnologías de la Información y la Comunicación pola U.T.N. (Arxentina)
Mención Docente en Innovación Social para el Desarrollo Sostenible (UNESCO)
Licenciado en Educación pola Universidade F.A.S.T.A. (Arxentina)
Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario pola Universidad de Santiago de Compostela (España).
En canto á súa traxectoria profesional, desde 2010 desenvolveuse como docente en diversos niveis educativos, impartindo clases como mestre en Educación Primaria, así como no nivel secundario e en ensinanzas universitarias, como profesor de Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Entre outras responsabilidades académicas exercidas na Arxentina, foi coordinador institucional da área de TIC (2018-2021) e coordinador de espazos de comunicación comunitaria (2017-2019).
Na actualidade é estudante de doutoramento no Programa Interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese, dirixida polo Profesor José Antonio Caride, céntrase na inclusión dixital das persoas adultas maiores. Ademais, desde 2023, desempeña tarefas como Profesor Adxunto no Concello de Ames (Galicia, España) e como investigador do grupo SEPA-interea.
Dentro do grupo, as súas liñas de investigación están relacionadas coa educación de persoas adultas maiores en contextos dixitais, educación para a vida, e educación en entornos dixitais.
Orcid: 0009-0007-7406-9616