Xabier Riádigos Couso
Contratado predoutoral (FPU)Graduado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio a Excelencia Académica ao alumnado de grao universitario oficial da Xunta de Galicia (2017/2018; 2019/2020) e con Premio Extraordinario (2020/2021).
Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (USC, 2021-2022, Premio Extraordinario).
Na actualidade está a desenvolver os seus estudos de doutoramento dentro do programa interuniversitario de Equidade e Innovación en Educación da USC. A súa tese versa sobre a participación das infancias e adolescencias, con especial interese no ámbito local a través dos órganos e estruturas de participación infanto-xuvenil.
Dentro do grupo está vinculado ás liñas de investigación de "Pedagoxía social, educación para a cidadanía e dereitos humanos", "Tempos educativos e sociais, pedagoxía do ocio" e “Educación e desenvolvemento comunitario”.
Forma parte dos proxectos “Educar a tiempo ante la emergencia climática y la transición socioecológica (Resclim@tiempo) [PID2022-136933OB-C21] e “Ciudadanía y participación infantil en entidades de infancia. Diagnóstico y propuestas para desarrollar la capacidad innovadora de niñxs y profesionales en las formas de garantizar la participación” [PID2022-136267NB-I00].
ORCID: 0000-0002-4522-6922